Vídeo | Que facemos? Grupo de Neurocircuítos (NCS)

Que facemos? Especial saúde

O novo vídeo da serie “Que facemos?” mostra o traballo do Grupo de Neurocircuítos (NCS), ubicado no centro de investigación Cinbio. A súa investigación céntrase na análise dos circuítos e sinais que envían as neuronas no encéfalo para realizar actividades oculares e motoras tomando vantaxe do sistema nervioso da lamprea.

O Grupo Neurocircuítos é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta”e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de Cecilia Jiménez López, Marta Barandela González e Carmen Núñez González.