Neste novo vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo do Grupo de Xenómica e Biomedicina (CINBIO). A súa investigación céntrase no estudo da xenómica aplicada a enfermidades e patóxenos, dos nanomateriais en biomedicina e da xenómica de organismos mariños.
O CINBIO é un dos centros de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.
Descobre máis sobre a súa investigación da man de Nuria Estévez Gómez e Loretta De Chiara.