Vídeo | Que facemos? Sistema de desinfección empregando dispersión de líquidos e drons

Vídeo proxecto Higinio González

Neste novo vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos un dos proxectos de investigación da Universidade de Vigo sobre o SARS-CoV-2.

O investigador Higinio González explícanos como aplican as novas tecnoloxías dos sistemas aéreos non tripulados á limpeza de grandes superficies grazas á súa capacidade para a dispersión de líquidos.