O xurado de #HiloTesis para a escolla do fío finalista da Universidade de Vigo formado por:
- Susana Reboreda Morillo, docente e investigaora do ámbito de humanidades
- Xosé Manuel Cid Fernández, docente e investigador do ámbito xurídico social
- Arno Formella, docente e investigador do ámbito tecnolóxico
- Carmen Sieiro Vázquez, docente e investigadora do ámbito científico
- Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais
Decidiu que o fío finalista é o de Sara Albán Barcia, destacando que ademais de cumprir todas as recomendacións das bases, Sara é a gañadora pola “destreza divulgativa, o interese crecente e as ferramentas empregadas que fan máis dinámica a lectura con imaxes, animacións e táboas explicativas adaptadas a un público xeralista.”
A seguir, o fío finalista, que pasa a concursar na fase galega (competición entre as tres universidades) e nacional: