DUVI | Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Serán este xoves pola tarde, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55).