Un ano máis, a UCC+I da Universidade de Vigo pon en marcha o seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2023-2024. O obxectivo xeral do proxecto, como na sea anterior edición, é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía, en xeral. Para iso, a UCC+i realizará diferentes actividades que poñan en valor e difundan as investigacións que se realizan desde a Universidade de Vigo e que serán un canal de comunicación accesible e activo que sirva de aproximación entre as partes.
O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
As actividades, das que iremos informando con maior detalle, serán as seguintes:
- Formación para o persoal investigador
- Obradoiro de astronomía
- 11F na UVigo
- Libro ‘Quero ser investigadora’
- Actividades divulgativas polo Día Mundial da Xustiza Social
- Actividades divulgativas polo Día Mundial da Auga
- Actividades divulgativas polo Día Mundial da Saúde
- Publicación Día Mundial da Xustiza Social
- Conferencias
- Feira científica
- Embaixadores de ciencia e coñecemento
- III Concurso de vídeos “Youtubers científicos”
Para a súa realización, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Coa colaboración de:
Participa!
Unha nova edición do catálogo “Quero ser investigadora” sae á luz coa esperanza de seguir espertando vocacións científicas
Valorar e dar visibilidade ás investigadoras da institución, ademais de tratar de espertar a vocación investigadora entre as e os máis cativos, con figuras femininas … Continuar