A UCC+i presenta a quinta edición do seu plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2025-2026. Este plan conta cunha programación estable de actividades para a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Con este propósito levaranse a cabo diversas accións para por en valor a ciencia e promover a difusión da investigación realizada na Universidade de Vigo.
Con este proxecto búscase fornecer a cultura científica na sociedade, contribuír á unha ciencia máis aberta e inclusiva, involucrando á cidadanía na toma de decisións e na participación no procedemento cientítico. Nesta edición especial aniversario, abordaranse novos retos, colaborando con sectores da poboación pouco habituais neste tipo de accións e cunha ampla diversidade nas actividades:
- Formación sobre divulgación para o persoal investigador
- Día da ciencia en galego
- Día Mundial de la Pesca
- Actividades 11F | A muller e a nena na ciencia
- Día Mundial do Teatro e homenaxe a Agatha Christie | Misterio no pazo
- Resto cero
- A beleza do natural
- Feira científica | A ciencia que vén
- Embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento
Para a súa realización, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Coa colaboración de:


